XENERAIS E ALTOS MANDOS ESIXEN “RESPECTO A FRANCO”
Boureo: 181 xenerais e altos mandos piden “respecto por Franco”.
Os mandos, todos eles na reserva, asinan un manifesto eloxiando a figura do ditador Francisco Franco.
181 altos mandos do Exército español na reserva asinaron un manifesto no que piden respecto para o ditador Francisco Franco. Todos son coroneis, tenentes coroneis, almirantes, capitáns…
O documento, que publica Ok Diario, detalla os nomes e apelidos de todos os asinantes e leva por título: “Declaración de respecto e desagravio ao xeneral Francisco Franco Bahamonde, soldado de España” e xorde no intre no que o Estado español de Pedro Sánchez está decidido a exhumar os restos do ditador para sacalos do Val dos Caídos.
Entre os asinantes hai uns quince xenerais: José Sierra Rabuenca, Luis Gómez-Hortigüela Amillo, Carlos Blond Álvarez del Manzano, Javier Bohórquez López- Lóriga, José Miguel Aldea Marín, Jesús Alfredo Ruiz Fernández, Francisco Martínez Esparza Valiente, José Fernando Abos Coto, José María Sánchez de Toca y Catalá, Enrique Cano de las Heras, Salvador Fontela Ballesta, Agustín Muñoz-Grandes Galilea, Juan Chicharro Ortega, Luis Casteleiro Villalba, Blas Piñar López e Alberto Asarta Cuevas.
Din que fan o manifesto porque “a homenaxe aos heroes que a forxaron e a todos os que deron a súa vida por España é un deber de gratitude e un motivo de estímulo para a continuación da obra de Franco”.
Ademais, atacan ás esquerdas, ás que acusan de menosprezar ao ditador. “Tras os permanentes ataques á persoa do xeneral Franco dende a súa morte, borrando sen présa pero sen pausa todo vestixio do seu quefacer por España nos momentos históricos que lle tocou vivir, a esquerda política e todos os seus medios afíns levaron a cabo unha campaña sen medida e dificilmente comprensíbel, agás pola súa teima visceral de vinganza para borrar medio século da nosa Historia, mediante a tentativa final de facer desaparecer definitivamente ao principal artífice de que esa historia non desaparecese.”
Engaden no manifesto que se está a usar a figura de Franco para “ocultar a realidade do actual derrubamento territorial da Nación e a manifesta desigualdade entre os españois”.
Mirade a lista de adheridos que publica Ok Diario:
* Coronel – Coronel
General – Xeneral
Comandante – Comandante
Teniente Coronel – Tenente coronel
Sargento 1º – Sarxento 1º
Almirante – Almirante
Capitán de Navío – Capitán de navío
Capitán de Fragata – Capitán de fragata
E aquí, o contido da declaración: DECLARACIÓN DE RESPECTO E DESAGRAVIO AO XENERAL DON FRANCISCO FRANCO BAHAMONDE, SOLDADO DE ESPAÑA
Nova Original – Vilaweb (21/07/2018)